.......Rias Baixas:

Puerto de Raxó en un atardecer lluvioso

Sur das Rías Baixas, comarca situada na costa atlántica, abrangue a costa Sur da provincia de A Coruña e toda a de Pontevedra. Estas son máis amplias e abertas que as Rías Altas(situadas na costa atlántica do norte de Galicia), e constitúen vales fluviais de indubidable beleza paisaxística e de gran riqueza agrícola . As máis importantes son as de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra, e Vigo.
Ó dispoñer de zonas dun relieve máis suave a ocupación humana é moi intensa, sendo unha das zonas máis poboadas de Galicia: Muros, Noia, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Redondela, Pontevedra, Marín, Cangas, Baiona e Vigo, son os seus principais centros urbanos, á vez que algúns dispoñen de importantes portos pesqueiros e comerciais.

Fronte a costa existen moitas illas como a de Arousa, A Toxa, Ons e Cíes, mentres que a desembocadura do Miño, na localidade de A Guarda, adoita considerarse a última das Rías Baixas.