.......Pontevedra:

Pontevedra, cidade española, capital da provincia do mesmo nome, na comunidade autónoma de Galicia, situada sobre un pequeno promontorio ó fondo da súa ría, na intersección do baixo Lérez coa fosa galega. O concello ten un relieve montañoso, con pequenas chairas nos vales e na zona costeira. O río Lérez atravésao de este a oeste. O principal uso do solo é forestal con repoboación de piñeiros e eucaliptos. Nas depresións e ladeiras baixas mantéñense os cultivos agrícolas tradicionais de pataca ou papa, millo, legumes, hortalizas, vide e froiteiras. Tamén hai gando vacún para producción de carne e leite. Na costa continúa a tradición marisqueira. As industrias máis importantes son as da madeira, construcción, textís, productos químicos, de maquinaria e equipo.

A cidade é un importante centro comercial e de servizos. O antigo burgo de 'ponte-Veteri' configurase como cidade sobre o século XV-XVI. Na estructura da cidade distínguense dous sectores, o antigo, amurallado ata o século XIX, que se ordea seguindo un eixo principal e rúas perpendiculares en torno á igrexa de Santa María e ó convento de San Francisco, e pola outra banda está a cidade moderna que se ensancha a partires do 1884 en torno á estación de ferrocarril. O desenvolvemento urbanístico de 1960 crea impactos negativos no tecido urbano sustituíndo tipoloxías edificatorias. O casco ou barrio antigo de Pontevedra está declarado conxunto histórico artístico desde 1951. Os seus monumentos máis interesantes son a basílica de Santa María a Maior do século XVI, a igrexa do convento de San Francisco (séculos XIV-XV), as ruinas do convento de Santo Domingo do século XIV, a igrexa barroca da Peregrina, patrona da cidade, e as prazas da Ferrería, Mugartegui e do Teucro; o Museo Provincial está instalado nas casas señoriaies de Castro Monteagudo e García Flórez. A poboación ronda os 80.000 habitantes.

Panorámica de la ciudad de Pontevedra
Atención, esta imaxe ten un tamaño de 2,14 MB