GARDENIA

Gardenia, xénero de arbustos e arboliños da familia das Rubiáceas. Debe o nome a Alexander Garden, naturalista e médico estadounidense do século XVIII. Ten ó redor de dous centenares de especies nativas de países tropicais e subtropicais. Son plantas moi cultivadas en invernadoiro polas súas flores fermosas e fragantes. Hai algunhas especies moi rústicas capaces de sobrevivir ao aire libre en climas de verán cálido. Propáganse por esqueixe.
As flores adoitan ser brancas, infundibuliformes ou gamopétalas (de cáliz tubular que se abre pola parte superior), co tubo moito máis longo que a porción aberta. O froito é una baga grande; en varias especies contén ?-crocetina, un composto cristalino empregado para tinxir a seda de amarelo

O xasmín de O Cabo é unha das especies de gardenia máis apreciadas. É un arbusto nativo da China, de ata 1,5 m de altura, con flores brancas, cerosas, moi fragantes. Dúas especies de arbustos o arboliños cultivanse moito en invernadoiro; unha delas forma flores brancas de tubo largo; na outra, as flores, de tubo corto, son de color amarelo claro con marcas púrpura. En América do Sur emprégase a madeira de gardenia, que é dura, para construir aveños agrícolas. Hai unha especie xaponesa anana, duns 50 cm de altura, cultivada como planta de interior.

Clasificación científica: as gardenias pertencen á familia das Rubiáceas (Rubiaceae). O xasmín de O Cabo é Gardenia jasminoides. As dúas especies de arbustos de invernadoiro son Gardenia thunbergia e Gardenia rothmannia. A especie anana de Xapón é Gardenia radicans floreplana.